Sunday 08 de September de 2024

Incendio nun vehículo na AC-546, ao seu paso pola parroquia de Bugalledo no concello de Negreira


Os bombeiros do parque comarcal provincial de Santa Comba interviñeron ao redor das 17:00 horas da tarde de onte, domingo 12 de maio, nun operativo dirixido a extinguir un incendio que afectou a un vehículo á altura do quilómetro 11 da estrada AC-546, ao seu paso pola parroquia de Bugalledo, no municipio de Negreira.

A intervención consistiu na extinción do lume do automóbil e na retirada do mesmo da vía.

No operativo participou tamén a Garda Civil de Santiago.